Inicio Grupo Municipal

Grupo Municipal

José Manuel Figueroa Vila

50 anos. Empresario e concelleiro no Concello de Vigo dende 1987, na actualidade é o Secretario Xeral do PP de Vigo e o Vicesecretario Xeral do PP de Galicia. Concelleiro de deportes, comercio e turismo dende 1995 ata 1999. Entre 2003 e 2007 foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo e MedioAmbiente. Vicepresidente da Deputación de Pontevedra e Presidente do Padroado de Turismo "Rías Baixas".

Roberto Relova Quinteiro

48 anos. Licenciado en Arte Moderno e Contemporáneo pola Unirversidade de Santiago de Compostela. Membro de honra nas Xuventudes Musicais de España. Dirixe e imparte cursos de ópera na Universidade de Vigo. Vicepresidente da Asociación Galega da lírica Teresa Berganza. Dende 2005 presidente da Asociación Amigos da ópera de Vigo. Dirixiu o ARE MORE de Vigo. Director do Conservatorio Superior de Música dende 1995 ata 2009.

Marcos Araújo Pereira

37 anos. Enxeñeiro Forestal pola Univerdidade de Vigo. Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Máster en dirección e xestión de empresas. Máster (Nivel Superior Oficial de Postgrado) de Prevención de Riscos Laborais. Foi membro da xunta directiva da Mancomunidade de Montes de Vigo e asesor técnico da Organización galega de Comunidades de Montes. Actualmente é director técnico de formación en emerxencias en Seganosa S.A.

María Teresa Cendón Alonso

52 anos. Licenciada en Medicina e Cirurxía e especialista na Medicina Preventiva e Saúde Pública. Máster en Saúde-Pública. Experto en vacunas pola Universidade Autónoma de Madrid. Máster en Xestión e Administración Sanitaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Dirección de Centros Xerontolóxicos e Sociosanitarios pola mesma universidade. Actualmente exerce como facultativo da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, no Servizo de Inspección Sanitaria.

Teresa Egerique Mosquera

35 anos. Doctora en Xornalismo pola Universidade de Vigo. Licenciada en Periodismo pola Universidade San Pablo CEU. Exerceu como profesora asociada de Publicidade e RRPP na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra dende 2007 ata 2011. Exerceu como xefa de prensa do Porto de Vigo dende o ano 2009 ata 2011.

Miguel Fidalgo Iglesias

39 anos. Licenciado en Ciencias Empresariais e en Ciencias Económicas e Máster en Dirección Comercial e Márketing. Técnico superior de información especializada no Instituto Galego de Promoción Económica. Traballou en comercio exterior (ICEX) nas Embaixadas de España en Chile e Portugal.

Marta Iglesias Bueno

40 anos. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Máster en Organización e Dirección Turística e en Desenvolvemento Local e Emprego. Na actualidade é axente de emprego e desenvolvemento local. No mandato 2003-2007 foi concelleira de Servizos Sociais e Participación Cidadá.

José Luis Álvarez Pérez

37 anos. Enxeñeiro de Telecomunicaciones pola Universidade de Vigo. Executive MBA (Escola de Negocios Caixanova). Exerce como director financeiro e responsable de extratexia, organización e recursos humanos.

Antonio Bernárdez de Dios

49 anos. Funcionario de carreira da Administración Local (Concello de Vigo). Exerceu como periodista durante dez anos no Grupo Radiovigo. Asesor do Grupo Municipal del PP dende 1999 ata 2011.

Pablo Beiro Diz

49 anos e veciño da parroquia de Canido. Na actualidade rexenta un quiosco de venda de prensa sendo ademais traballador da ONCE. Fundador da Asociación de Lesionados Medulares e Minusválidos Físicos. Presidente do Club AMFIV de basket. Militante activo do Partido Popular desde hai varias décadas.

Marián García Míguez

39 anos. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Dirección e Xestión de Centros xerontológicos socio-sanitarios na Universidade de Vigo. Máster axente de empleo. Directora da asociación de bulimia e anorexia de Pontevedra.

Alexia Alonso Alonso

24 años. Licenciada en Comunicación Audiovisual y Publicidad y Relaciones Públicas ha sido responsable de prensa del Grupo municipal hasta su nombramiento como concejala. También es Presidenta del Distrito de San Andrés de Comesaña y miembro de la Junta Directiva del Partido Popular de Vigo.

Alejandro Pérez Davila

24 años. Actualmente es el Presidente de Novas Xeracións de Vigo. Agente de seguros titulado, también ha sido miembro de diferentes agrupaciones de música tradicional gallega. Ha sido Presidente del distrito de Bembrive, actualmente es miembro de la Junta Directiva del PP de Vigo y miembro de la Junta Provincial de Novas Xeracións de Pontevedra.